martes, 18 de mayo de 2010

A 1ª Carreira Popular Torre do Castro (Domingo, 30 maio de 2010)


A ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA e o CONCELLO DE SANDIÁS, organizan a I CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO, que terá lugar en Sandiás, o vindeiro 30 de maio de 2010.

Un percorrido sobre asfalto, que ten de todo, tramos chans, subidas e baixadas, durante 7.900 metros aproximadamente.
A saída será dende a Casa do Concello de Sandiás, seguido dun tramo polas rúas do pobo, pasando a carón da Casa de Lagoa, e a Igrexa. Saímos do pobo e diriximonos ata a Torre do Castro (Km 2), onde daremos volta en dirección a N525, (km 3,5) onde comezaremos a subida a San Bieito de Uceira (Km 6).



Unha vez arriba, tan so nos quedará baixar ata Sandiás, onde a meta estará situada ó lado do colexio público.



Recibiránse inscricións a partir do 15 de maio ata o 28 de maio ás 20:00 H.

Por e-mail:

limiactiva@gmail.com

- Na web: www.limiactiva.com
- Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)
- Na Casa do Concello de Sandíás.
- Na tenda Intersport Bouso da Rúa Curros Enríquez Nº5, de Ourense.

As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:


-Facendo un ingreso ou transferencia na conta de Caixa Galicia
2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA)
Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.

-Pago o contado no Concello de Sandías ou na Tenda Bouso Intersport para as inscricións presenciais.

Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.


A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web http://www.limiactiva.com/


REGULAMENTO:


A saída será:


Ás 11:00 para a carreira escolar (2.000 m.)
Ás 11:30 para a carreira absoluta (7.900 m.)
Ás 12:40 para a carreira pitufos (350 m.)
A saída estará situada ó lado da Casa do Concello e a meta diante do Colexio.
A clasificación será absoluta e por categorías.
A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, dos organismos municipais competentes, e da Dirección Xeral de Tráfico, que regulará o tráfico ó longo do percorrido.
O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.
O control de chegada pechará 40 minutos despois de que entre o primeiro clasificado.
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.
A organización conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.
Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.




IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.



Agora so que da que vos animedes a participar.


Esperámosvos o domingo día 30 de maio.

jueves, 13 de mayo de 2010

A torre do Castro ou a torre de Sandiás


A torre do Castro, construída no século XII, é un dos monumentos máis emblemáticos da Limia.

A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a Revolta Irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes das vilas e aldeas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en irmandades leais ó rei comandadas por fidalgos (Diego de Lemos, Pedro de Osorio, etc..) , uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derrubar a maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e que obrigará a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira das fortalezas derrubadas vai ser o Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas do seu derrocamento o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou, venceu ós irmandiños, e fixolles reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos vasalos que as derrubaran.

Imos aproveitar esta celebración para dar a coñecer e a difundir, mediante o breve artigo que segue, a historia dun dos monumentos mais emblemáticos e coñecidos do concello de Sandiás: a súa torre.

A torre do Castro, como é coñecida polos veciños de Sandiás, foi construída sobre un antigo castro que ocupaba unha situación estratéxica que lle permitía un control total do territorio. A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX), aínda que o máis seguro é que fora construída na primeira metade do século XII.

Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal, o futuro Afonso I de Portugal. No ano 1386 foi asaltada polo duque de Lancaster, pretendente á coroa de Castela. No século XV vai ser posesión de Alonso Pimentel, o conde de Benavente, punta de lanza da nobreza de Castela en Galicia que tamén vai se-lo señor da vila de Allariz, preto de Sandiás.

Durante a revolta antiseñorial da primavera de 1467 vai ser derrubada polos irmandiños que estaban a asediar o castelo de Allariz. A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que xamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469. Algún destes autores chegan a opinar que foi destruído polo famoso Pedro Madruga nas loitas sucesorias (1474-1479) entre os partidarios da irmá do rei (entre eles os Pimentel), a futura raíña Isabel a Católica, e os da filla do rei, Xoana a Beltranexa (apoiada por Pedro Madruga).

Na guerra hispano-lusitana do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715).

Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia.