As lendas da lagoa de Antela

 

                                                             Foto: Excalibur (@galipedia)


¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1) 

“E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”. 

Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon Xesús de Trandeiras” Boletín de la comisión de monumentos de Orense XI (1936-1939) Manuscrito orixinal do s. XVI. Transcrición de Antonio Cruceiro Freijomil Traducción ó galego do orixinal por X.F. 

 ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (2)

 “… e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube inmensa de zoadores cínifes que mortifican de día e de noite, e non cabe existan en ningunha parte tantos nin tan carraxentos e sañudos. Á antiga superstición pagá sobre o eterno e universal esquecemento que producía o beber ou atravesar as augas do Leteo, o vulgo sempre crédulo e amigo do marabilloso, substituíu outra nos tempos cabaleirescos que aínda duraba ós principios do século XVI, de ser estes alados e armados insectos os exércitos encantados do rei Artús, transformacións das que falaron tanto os romances nacionais e extranxeiros”.  

Memoria sobre o desaugadoiro da lagoa de Antela ou da Limia (1834) Juan Manuel Bedoya Traducción ó galego de X.F.

 ¨ANTIOQUIA¨ (1)

 “Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”.  

O río Limia e os seus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Traducción ó galego de X.F.

 ¨ANTIOQUIA¨ (2) 

 “Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”.

 ¨Resume xeneral de folk-lore de Sandiás¨ Urbano Santana Revista Nós, xuño-setembro1931.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)