Preto de 200 atletas de tódalas idades participaron na Primeira Carreira Popular Torre do Castro


O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 1ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado domingo 30 de maio en Sandiás.

A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 73 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías. Nas mesmas participaron, 21 nenos/as na carreira escolar ( 2.000 m ), 33 rapaces/as na carreira de 350 m . , e un total de 116 persoas na carreira absoluta ( 7.900 m ).

O gañador da proba absoluta foi Rubén Diz (Xinzo - Ourense Atletismo) cun tempo de 0:28:38. Os 2º e o 3º clasificados foron Eloy Campos Dacosta (Ourense - At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense - ADAS PROINOR). O gañador, Rubén Diz, e coñecido no atletismo limiao por ser preparador e entrenador en Xinzo de Limia da Asociación deportiva Limiactiva.

Os comentarios máis repetidos polos atletas da proba absoluta foron as enormes e empinadas subidas á capela do san Bieito da Uceira, ¨os muros¨ da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas, tal como contan eles mesmos nos foros de ¨Correr e Galicia¨ (http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&p=161499) e nalgún blog dun participante: (http://jeffxavi.blogspot.com/2010/05/os-muros-de-sandias.html

O éxito de afluencia, así como a satisfacción dos atletas pola carreira fai pensar nunha segunda edición desta no vindeiro ano.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)