viernes, 17 de septiembre de 2010

1818 - Publicación do Libro Viage a Galicia onde se fai mención das iniciativas propostas para desaugala lagoa de Antela

1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos carreteras de Vicente Vázquez del Viso.

Faise mención das iniciativas propostas para ordenar o desaugadoiro da lagoa de Antela, e engade que sería digno do desvelo do goberno que se obrigue ó conde de Monterrei a executar a obra, ou que a realice o Estado expropiándolle os terreos ó conde polo moito que aforraría o Estado no fornecemento de cánabo para o departamento do Ferrol e outros peiraos de Galicia. Dos cultivos existentes na Limia, fai mención da grande colleita de grans e da grande cantidade de gando que se cría nos seus pastos e tamén que se cultivan considerables colleitas de liños e cánabo.