Historia de Sandiás (Do século X ó ano 1480)

• S. X – Os condes da Limia son personaxes de importancia na Corte dos reis pola significación militar e política do territorio.
• S. XII – Loitas pola posesión do condado da Limia entre Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. Posible construcción do castelo de Sandiás sobre o antigo castro nunha situación estratéxica que permite un control total do territorio.
• S. XII-XIII – Apoxeo das peregrinacións a Santiago, Sandiás é atravesada pola Vía da Prata, paso obrigado dos peregrinos do norte de Portugal e do sur de España.
• S. XII-XIII – Construcción da igrexa de Santa María de Couso de Limia de estilo románico con posteriores reformas (s. XVII).
• 1348 – O castelo de Sandiás é propiedade do maior Fernández de Biedma.
• 1386 – Acometida do duque de Lancaster, pretendente á Coroa de Castela. O castelo de Sandiás é tomado e arrasado.
• 1441 – O castelo de Sandiás é posesión de Francisco Álvarez, provisor do bispo de Ourense.
• 1446 – O conde de Benavente, D. Alonso Pimentel, é o señor de Allariz e do castelo de Sandiás, alberga ansias de asoballar a toda Galicia. Os Pimentel son a punta de lanza da nobreza castelá en Galicia.
• 1447 – Pedro Álvarez Osorio arrebátalle a fortaleza de Sandiás ó conde de Benavente por orde de El-rei Xoán II.
• 1467 – O castelo de Sandiás é desmouchado nos primeiros momentos da Revolta Irmandiña (1467-1469). Algún autor apunta que xamais foi reconstruido.
• 1469-1472 - Loitas entre os nobres e as irmandades. Algúns autores afirman que o castelo foi reconstruído polos Pimentel despois de 1469, seguramente polos mesmos vasalos que o desmoucharon.
• 1474-1479 - Guerra sucesoria entre a filla de Henrique IV e a súa irmá Isabel. Pedro Álvarez de Soutomaior apoia a dona Xoana mentres que o conde de Benavente apoia a que será coñecida como Isabel, A Católica. Sitio do castelo por Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido polo sobrenome de Pedro Madruga. Algúns autores afirman que foi desmouchado nese sitio.
• 1480 – Orde dos Reis Católicos para a derruba das fortalezas de Galicia. Tamén é posible que fora unha das fortalezas derrubadas por Acuña e Chinchilla entre 1480 e 1483, que, a miúdo, contaban coa axuda dos restos da milicias irmandiñas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)