Historia de Sandiás (Século XIX)

• 1804 - Publicación do libro Descripción económica del Reyno de Galicia de Lucas Labrada. Nel fálase dos intentos dos veciños para romper os penedos de Ponte Liñares para mellorar o desaugadoiro da lagoa de Antela, noméanos tamén os cultivos que predominan na Limia: centeo, algún millo, moito pasto e abundancia de gando.

• Xaneiro - Febreiro 1809 – Invasión francesa (1808-1812) – O Camiño de Allariz (23 xaneiro 1809) a Xinzo foi un dos máis duros da guerra en Galicia, os invasores tiverón entre 500 e 600 baixas, e os defensores non máis de 400. Combates na ponte da lagoa de Antela. As tropas do Mariscal Soult atravesan A Limia causando grandes represalias polas accións das accións guerrilleiras.

• 1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos carreteras de Vicente Vázquez del Viso.

Faise mención das iniciativas propostas para ordenar o desaugadoiro da lagoa de Antela, e engade que sería digno do desvelo do goberno que se obrigue ó conde de Monterrei a executar a obra, ou que a realice o Estado expropiándolle os terreos ó conde polo moito que aforraría o Estado no fornecemento de cánabo para o departamento do Ferrol e outros peiraos de Galicia. Dos cultivos existentes na Limia, fai mención da grande colleita de grans e da grande cantidade de gando que se cría nos seus pastos e tamén que se cultivan considerables colleitas de liños e cánabo.

• 1820-1821 - Bandoleirismo. A gavela dirixida polo portugués Francisco Domínguez (Veloso) rouba ó parroco de Couso (1820). Posteriomente foi capturado e fugaríase da cadea de Sandiás (febreiro 1821).

• 1824 – O cóengo-cardeal e futuro bispo de Ourense, D. Juan Manuel Bedoya é desterrado ó Bon Xesús de Trandeiras; alí tivo ocasión de observar ben os problemas que afectaban ós pobos da lagoa de Antela. É alí onde naceu a idea de desecala, para que os pobos explotasen as terras e se mellorara a salubridade, aínda que esta obra xa se comentaba nas tertulias do cardeal Quevedo (+1818).

• 1825 - O corrixidor de Xinzo de Limia, D. Xulián Toubes, máximo impulsor das obras de canalización, calculou que os traballos se beneficiarían con 24.000 ferrados de sementeira.

• 1827 - Autorización por Real Orde de Fernando VII do 3 de marzo de 1827 para levantar un plano e calcular os custos das obras.

• 1831 - Ocupouse de preconizar a súa continuación o cóengo-cardeal D. Juan Manuel Bedoya na Memoria sobre el desagüe de la laguna Antela o de la Limia feita nos anos 30-31 e publicada a finais de 1831.

• Obxecto: recomendarlle ó Goberno de Madrid o proxecto de Toubes.
• O proxecto constaba de dúas fases:

1) Realización dunha canle profunda de norte a sur da lagoa.
2) Rotura da montaña que pecha o seu paso polo sur, xunto a Ponte Liñares, e que impide o seu desaugadoiro.

• Nesta memoria faise mención dos cultivos da Limia: trigo en abundancia, centeo
-moito e de calidade superior- , colleita de millo, moita pataca.

• 1832 – O comisario de Cruzada e mecenas, D. Manuel Fernández Varela, contribuíu cos fondos necesarios para estas obras, que se comezaron en 1832.


A Comisaría Xeral da Santa Cruzada era o posto eclesiástico de maior opulencia que existía na corte dos Austrias e Borbóns e por ende en toda España. Tamén fixeron donativos para o desaugadoiro o bispo de Ourense, Dámaso Iglesias Lago (1818-1840), e os concellos da Limia.

En 1832 estaba á fronte da obras D. Xulián Toubes. Levouse a cabo a limpeza do antigo canle de fábrica romana dende a ponte da estrada Villascastín-Vigo a Ponte Liñares. Estas obras lograron notables progresos, inda que se viron interrompidas pola oposición dos pobos da lagoa de Antela que temían que se lle ocuparan os pastos.

“Chegaron a construirse 17.000 varas da nova canle, de 16 varas de ancho e comezaránse a dinamitar os penedos da canteira de Ponte Liñares, pola cal o río correu bastante, arrastrando areas que cegaron os pozos situados máis abaixo da ponte (construída en 1770), onde antes collían moita pesca os veciños de Güin e Santiago do Ribeiro, e gañáronse terreos para pastos”.

Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense (1928)
Vicente Risco


• 1833 – Publicación do libro La gratitud a la beneficiencia. Al Excmo. Sr. D. Manuel Fernández Varela, comisario apóstolico de la Santa Cruzada, etc., por su poderosa protección al interesante desagüe de la laguna Antela o de la Limia en la provincia de Ourense, Reino de Galicia.

División provincial segundo decreto do 30 de novembro. Apróbase a estrada de Vigo a Castela.

Os datos do concello de Sandiás que nos da o Diccionario Geográfico Universal (Barcelona, Anos: 1831, 1832, 1833) son:

SANDIANES, jurisd. sec. de Esp. en Galicia, prov. , obisp. y á 4 leg. de Orense, y á 19 de Santiago. Comprende las feligresias de Santa María de Couso, Santa María de Parada de Outeiro y San Estéban de Sandianes. (Diccionario Geográfico Universal, Ano 1833).

SANDIANES (San Estéban de), felig. sec. de Esp. en Galicia, prov. y obisp. de Orense, jurisd. de su nombre. J.O. Pobl. 763 hab. Tiene un castillo antiguo á la parte del S. Sit. en el valle de Limia. Prod.: centeno, maiz, trigo, patatas y castaña. (Diccionario Geográfico Universal, Ano 1833).

COUSO (Santa María de), felig. sec. de Esp. en Galicia, prov. y obisp. de Orense, jurisd. de Sandianes. J.O. Pobl. 787 hab. Sit. en el valle de Limia. Prod.: centeno, maiz, patatas, lino y alguna castaña. (Diccionario Geográfico Universal, Ano 1831).

PIÑEIRA DE ARCOS (San Juan de), felig. sec. de Esp. en Galicia, prov., obisp. y á 4 leguas de Orense, y a 19 de Santiago, jurisd. de su nombre. J. O. Pobl. 800 hab. Su parroquia comprende las aldeas de Arcos, Casas de Ponte, Chousela, Corga, Fontela, Labandeira, Ladeyra, Mouturelos, Nogueira, Piñeira y Zadagós, de las cuales esta última y parte de la de Labandeira corresponden á la jurisdicción de Junquera. Sit. en la altura del camino de Allariz a Ginzo, poblada la mitad de ella de carballos y tojos y el resto tierras de labor. Su termino confina y parte diezmos con la parroquia de Pena, próxima al convento del Buen Jesús de Limia, en cuyo intermedio hay una laguna que cubre, solo por esa parte 1.000 fanegas de tierra de superior calidad. Prod.: centeno, maiz, trigo, habas, lino y patatas, y cria ganado vacuno que ceban con nabos y con el pasto que produce parte de la laguna, que se seca en tiempo de verano. Llamase antiguamente esta feligresia la villa del pinito, segun refiere Huerta en sus anales de Galicia, la cual con parte de la de Coedo formaban un coto. (Diccionario Geográfico Universal, Ano 1832).

• 1834 – Coa morte de Fernández Varela e o cambio de destino de Toubes cesan os traballos na lagoa.

Abolicións dos señoríos xurisdiccionais. Creación dos partidos xudiciais. Derrogación definitiva do Santo Oficio.

Presentación á raiña María Cristina de Borbón da Carta xeométrica de Galicia, de Domingo Fontán. Nela recóllese o trazado da estrada entre A Portela e A Canda, O Padornelo e Vigo, pasando por Ourense, tal e como se construíu.

• 1836 – Creación do Concello de Sandiás, pertencente ó Partido Xudicial de Xinzo de Limia. Este componse das parroquias de Santo Estevo de Sandiás, Santa María de Couso e San Xoán de Piñeira de Arcos. Anteriormente, neste primeiro tercio do século XIX, houbo tres concellos constitucionais, un por cada parroquia. Sandiás e Couso pertencían ó Partido Xudicial de Celanova, mentres que Piñeira de Arcos pertencía ó de Xinzo de Limia.

• 1837 – Guerra Carlista (1834-1840) - Aparece en Xinzo o xefe carlista Mateo Guillade, que fiaba nun gran movimento tradicionalista na Limia. Atrinchéirase con 30 homes en Ordes, nas obras ordeadas sobre o plan de Bedoya e do corrixidor Toubes para o desaugadoiro da lagoa de Antela, sostendo un combate coas forzas constitucionais do comandante D. Juan Gualberto Corcuera.

Constitución de 1837. Desamortización de Mendizábal.

• 1845 - Construcción por Allariz, Xinzo e Verín –enxeñeiro D. Práxedes Mateo-Sagasta- da estrada Villacastín-Vigo.

Carta xeométrica de Galicia (París, 1845) de Domingo Fontán, o primeiro mapa realizado con métodos científicos de Galicia.

• 1847 – Xustificación no Boletín Oficial da Provincia dos gastos das obras realizadas polo Sr. Toubes.

• 1849 - A poboación do concello de Sandiás en 1849 segundo o Diccionario Madoz, era de 422 Veciños, e 2.110 habitantes.

Producción: millo, trigo, centeo, patacas, liño e outras froitas.
Gando: críase gando vacún, cabalar, mular, lanar e porcino.
Industria agrícola: muiños fariñeiros e lenzos de liño.
Comercio: gando, lenzos e samesugas.
Poboación: 422 veciños – 2.110 almas
Parroquia de Sandiás: 156 casas. 456 veciños (750 almas).
Escola de letras frecuentada por 30 nenos.
Cartería.


• 1852-1853 – Grave crise económica en Galicia, as fames de 1852 e 1853 son as derradeiras crises de subsistencia. En 1855 a provincia de Ourense inda estaba extenuada pola fame.

• 1860 - Censo de poboación de 1860 do concello de Sandiás e da súa gandería, segundo reconto oficial de 1865. No 1860 publicóuse o primeiro Censo español.

o Poboación: 2.330 almas.
o Gandería: gando vacún: 1.342, gando cabalar: 212, gando mular: 36, gando asnal: 22, gando lanar: 2.745, gando caprino: 49, gando porcino: 1.835.

• 1863 – Construcción da igrexa de San Xóan de Piñeira de Arcos.

• 1864 - D. Toribio Iscar Saez, enxeñeiro valisoletano, presentou un proxecto de desecación similar ó anterior de Bedoya. El vai ser o xerente da empresa encargada de levar a cabo o proxecto.

Informe do doutor Suárez de Allariz sobre a necesidade da desecación da lagoa de Antela para a erradicación de enfermidades infecciosas.

• 1866 – Publicación pola empresa para executar as obras do desaugadoiro do libro La empresa para el desagüe y saneamiento de la laguna Antela, a los pueblos de la Limia, por D. Francisco Javier Mugártegui y Parga, Diputado Provincial de Pontevedra.

• 1868 – Comezan as obras traballando nelas uns 200 homes. O 18 de setembro dese ano prodúcese un pronunciamento contra a raiña Isabel II en Entrimo; un dos instigadores foi Toribio Iscar, e a maior parte dos obreiros abandonaron as obras para engrosar as fillas dos sublevados.

• 1873 – Guerra Carlista (1872-1875). O xefe carlista Vicente Sabariegos, comandante xeral de Galicia, entra en Xinzo e reorganiza as súas forzas en Couso de Limia, ó abrigo dos montes.
A partida de Ambrosio Prol, natural de Salgueiros (Allariz), rouba en Sandiás entre o 13 e 14 de xuño. Os acontecementos de maior volume exterior do movimento carlista producíronse no mes de xuño por Xinzo e por Bande. Era práctica habitual a queima dos rexistros, con gran alegría por parte dos paisanos.

• 1877- Baixo a dirección dun enxeñeiro galego e a contribución económica da francesa marquesa de Longueville continúanse os traballos de desaugamento. Ó pouco tempo abandónanse os traballos ó ter que partir a marquesa cara a Francia.

• Durante os anos dos proxectos anteriormente nomeados apareceron numerosas obras que tratan de aspectos relacionados coa lagoa de Antela, sobre todo as relacionadas cos achados arqueolóxico

El lago de la Limia (folletín novelesco)
Benito Vicetto, 1861.
Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia (novas dos achados da lagoa)
Villa-amil y Castro, 1873.
Antigüedades de Galicia (novas dos achados da lagoa)
Barros Sibelo, 1875.
El río Limia y sus contornos (aparece a lenda do galo de Antioquía)
Benito Fernández Alonso, 1879.
Galicia

Manuel Murgia, 1888.

Falásenos dos achados atopados na lagoa durante a construcción da estrada Villacastín-Vigo, así como nos traballos de desaugamento levados a cabo por Toribio Iscar. Tamén se nos fai mención dos poboados lacustres

• Década de 1880 – Crise agrícola de fíns do século XIX. Principio da emigración en Galicia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)