miércoles, 18 de mayo de 2011

Máis de 200 atletas de tódalas idades participaron na Segunda Carreira Popular Torre do Castro




O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado martes 17 de maio de 2011 en Sandiás, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño.

Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías: a carreira escolar dos rapaces/as (2.000 m ), a carreira dos ¨Pitufos¨ de 350 m , e a carreira absoluta (7.900 m) que contou cun total de 106 participantes.

O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de 0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Ourense Atletismo Academia Postal). Na categoría feminina a gañadora foi Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo Academia Postal) , e as 2ª e 3ª clasificadas foron Filomena Cid (Ourense Atletismo Academia Postal) e Rocio Cid (Burgas Atletismo Ourense). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron o seu peso en patacas da Limia. No relativo ós atletas locais, o gañador foi Ignacio Feijoo (Sandiás -Independente), e os 2º e 3º clasificados foron Pablo Feijoo (Sandiás -Limiactiva) e Francisco Dalama (Sandiás - Limiactiva).

Os comentarios máis repetidos polos atletas da proba absoluta, como xa é habitual, foron as enormes e pinas subidas ata á capela do san Bieito da Uceira, ¨os muros¨ da Uceira fixeron sufrir á maioría dos atletas, tal como contan eles mesmos nos foros de ¨Correr e Galicia¨ e nos blogs dos participantes.

O éxito de afluencia, aínda máis xente que a edición anterior, así como a satisfacción dos atletas pola carreira fai pensar nunha terceira edición desta no vindeiro ano.

lunes, 9 de mayo de 2011

II Carreira Popular Torre do Castro (17 de maio de 2011)

Estamos a traballar na organización da que será a II CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO, que xunto con LIMIACTIVA e o Concello de Sandiás celebraremos o vindeiro martes día 17 de maio.


Recibiránse inscricións a partir do 2 de maio ata o 13 de maio ás 20:00 H.

Por e-mail: limiactiva@gmail.com

Na web: www.limiactiva.com


Por Fax: 988446048 (Concello de Sandiás)


Na Casa do Concello de Sandiás.



Nas tendas Turini Sport da Avda. da Habana nº 34 e na Rúa Sto. Domingo, 62 (C. C. Xesta) de Ourense.

As incricións para a CARREIRA ESCOLAR E PITUFOS, (categorías A, B, C, D e N), serán gratuitas.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 3,00 € en concepto de inscrición, as formas de pago son:


Facendo un ingreso ou transferencia na conta de NovaCaixaGalica
2091 0410 59 3000081161 - (A. D. LIMIACTIVA)
Indicar no concepto nome e apelidos do atleta participante ou nome do equipo ou clube no caso de ser varios atletas.

Pago o contado no Concello de Sandías ou nas tendas Turini Sport para as inscricións presenciais.

Os empadroados no Concello de Sandiás terán a inscrición gratuita, sempre e cando fagan a súa inscrición nas oficinas do Concello.
TURINI SPORT regalará a inscrición ós atletas que fagan unha compra dunhas zapatillas de running superior a 60 €, en calquera das súas tendas.

Non se completará a inscrición ata formalizar e comprobar o pago.A lista de participantes confirmados será publicada e actualizada periódicamente na web www.limiactiva.com