jueves, 21 de julio de 2011

A torre de Sandiás ilustra un selo de Correos


A torre do Castro é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense.

O xoves 21 de xullo, as 12,00 horas, no Concello de Sandiás, tivo lugar a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, mais coñecida polos veciños pola torre do Castro, sendo o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense.

O acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o presidente da Sociedade Filatélica Miño, Jose Barros, entre outros.

Esta colección de selos naceu con fin de divulgar o patrimonio cultural das fortalezas ourensáns por todo o territorio nacional, polo que contribuirá a dar a coñece-la torre de Sandiás por toda España.

A torre de Sandiás, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro, conserva en bo estado os seus grosos muros norte e leste, e parcialmente o do sur. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde é arrasado polos irmandiños, e logo quizais xa non foi reconstruído, tal como apunta algún autor. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia.