Sae o número 6 d´A Torre do Castro, a revista cultura e turística do Concello de Sandiás

Nesta ocasión sobrepasamos a barreira dos cinco números editados, chegando neste ano ó sexto numero desta revista, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o vigués Jaime Solá, fundador da revista Vida Gallega, e de grandes persoeiros, como é o caso de Álvaro Cunqueiro, que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola.

Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o complexo proceso de procesamento do lixo, afondando con iso na colaboración no servizo de recollida selectiva como garantía para facilitar a reciclaxe. Repetimos, como xa é habitual, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á terceira edición da Carreira Popular Torre do Castro, carreira que segue consolidándose a pesar da crise.

Rematamos este sexto número, cunha mostra de vellas fotografías dos veciños do concello de Sandiás, neste caso xentileza da veciña de Sandiás, María Fe Fernández, que entran a formar parte da galería de imaxes da memoria do noso concello.

Esperamos que estas páxinas sexan do agrado dos veciños e dos visitantes.

Poden vela en formato PDF na web: http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro2012

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)