¨O SAN BIEITO DA UCEIRA¨

¨O San Benito (abogado de coxos e outros padecementos físecos), ten unha capilla no monte, que leva o nome do Santo. Ten ofrecementos de pernas, corpos, caras…, según os membros doentes do que ofrece, de cera, que os ten colgados na capilla. O día da festa, e durant´e o ano, hay ofrecementos d´andarll´as novenas de pé ou de rodillas; outros arrumben o monte descalzos, porque lles fag´algún favor ou xa llo ten feito…

Tamén é festa de merendas, ou mellor dito, xantares… Fanlle dúas festas ó ano, chamadas ¨San Benito de Marzo¨ e ¨San Benito de Seitura¨, acaso porque cadra nistes meses. É o Santo máis milagreiro que temos na parróquea. N´algún tempo trouxérono para igrexa en procesión, pero escapábase de noite pro monte; por eso tuveron que faguerlla capilla…(O mesmo sole contarse de todol´os Santos que hay retirados do pobo; hay quen dí qu´era cura que o mandaba levar…). ¨D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por ond´e entrar co carro, e, cando se descoidaron, os bois subiron por´as escaleiras de subir a xente, o que sólo s´explica como milagre, pois do contrario, non houbera sido posible que os bois subisen nin co carro baleiro tales escaleiras¨.
Sexa esto certo ou non, o caso é que na capilla hay unhas muletas y´un cayado que proban que algún subiu axudado de tales instrumentos, e o Santo fixo que non os necesitase pra baixar, y´entonces quedáronlle de regalo e como testimonio do milagre¨.

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)