jueves, 10 de enero de 2013

Campaña do Concello de Sandiás para fomenta-lo reciclaxe entre os nenos e os veciños


O Concello de Sandiás aposta polo fomento da educación medioambiental, a través de excursións, charlas e xornadas, considerando de gran importancia ensinarlles os veciños e os mais novos a forma de realizar unha correcta xestión de residuos desde que se deposita no contedor ata que chega o centro de reciclaxe.
E por iso que o Concello de Sandiás organizou, en colaboración co Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, dúas charlas informativas sobre reciclaxe o 16 de xaneiro, unha no Centro Social de Piñeira de Arcos e outro máis enfocada os mais novos no colexio de Sandiás.
Estas charlas son a continuación das dúas anteriores celebradas durante o mes anterior nos centros sociais de Sandiás e de Couso, así como unha continuación das actividades da campaña de fomento da reciclaxe do Concello de Sandiás iniciada en xuño de 2012 cunha viaxe organizada ó complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) para que os veciños poderán coñecer de primeira mán o proceso de reciclaxe.
O obxectivo destas iniciativas é lembrar e concienciar á toda a poboación do concello da importancia de recicla-lo lixo.
A charla e a xornada de reciclaxe para os nenos do colexio, terán lugar o día 16 de xaneiro no colexio ás 15,00 horas, mentres que a charla no local social de Piñeira de Arcos terá lugar ás 17,30 horas dese mesmo día.