miércoles, 16 de julio de 2014

O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010)




O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro42010
Neste número contamos cun artigo do escritor Vicente Risco publicado no desaparecido xornal La Zarpa en 1921 no que se nos describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do historiador Xesús Taboada Chivite relacionado co castelo, que foi publicado en 1970 no xornal La Región. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás da nosa colaboradora Carmen Cuquejo.

Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha mostra de vellas fotografías que xa forman parte da galería de imaxes da memoria colectiva do noso concello.

lunes, 14 de julio de 2014

O número 5 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2011)



O número 5 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2011): http://issuu.com/torredocastro/docs/www.sandias.es

Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. 

Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar coincidindo co Día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2011. Rematamos este número, cunha mostra de vellas fotografías, neste caso xentileza da veciña de Sandiás, María Fe Fernández, que entran a formar parte da galería de imaxes da memoria do noso concello.

viernes, 11 de julio de 2014

O número 6 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2012)


O número 6 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2012):

Neste novo número, como xa é habitual, botamos man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela de xornalistas dos anos 20 como o vigués Jaime Solá, fundador da revista Vida Gallega, e de grandes persoeiros, como é o caso de Álvaro Cunqueiro, que nos fala nun artigo, moi poético, dunha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continuamos coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se nos trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola.

Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda (A Coruña), no que se lles mostrou o complexo proceso de procesamento do lixo, afondando con iso na colaboración no servizo de recollida selectiva como garantía para facilitar a reciclaxe. Repetimos, como xa é habitual, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á terceira edición da Carreira Popular Torre do Castro, carreira que segue consolidándose a pesar da crise.

Rematamos este sexto número, cunha mostra de vellas fotografías dos veciños do concello de Sandiás, neste caso xentileza da veciña de Sandiás, María Fe Fernández, que entran a formar parte da galería de imaxes da memoria do noso concello.


O número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2013)




O número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro en PDF (Ano 2013):

Neste novo número,  contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista Vida Gallega. No primeiro deles, Jaime Solá, o fundador da revista,  fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático polifacético, Heliodoro Gallego, e membro da Sociedade Galega de Historia Natural de Santiago de Compostela, descríbenos a lagoa de Antela.


Falamos así mesmo, da nova sinalización turística da ruta das Torres da Limia, para o que contamos coa información recompilada nos paneis explicativos das tres torres aínda en pé na nosa comarca. Dedicamos, como xa é habitual,  un espazo ao deporte cunhas páxinas dedicadas á cuarta edición da Carreira Popular Torre do Castro, carreira que forma xa parte das probas clásicas que se celebran na provincia de Ourense.


Para rematar este número, expomos unha mostra de vellas fotografías dos veciños do concello de Sandiás , así como un dos Exemplos recitados á Virxe nos anos corenta na parroquia de Santo Estevo de Sandiás, recompiladas entre as veciñas que acudiron ás actividades de animación sociocultural celebradas nos centros sociais das tres parroquias do Concello de Sandiás durante o verán do ano 2012.




martes, 8 de julio de 2014

Ruta das Torres da Limia - A Torre do Castro (Sandiás)


Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira. Unha das últimas actuacións contempladas no Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

O Catastro de Ensenada na parroquia de Santo Estevo de Sandiás en 1752




Artigo sobre o Catastro de Ensenada na parroquia de Santo Estevo de Sandiás en 1752 publicado no Nº 11 da revista LETHES (Cadernos Culturais do Limia - Inverno 2012).

No seguinte ligazón: 
http://issuu.com/torredocastro/docs/catastroensenadasandias