martes, 9 de septiembre de 2014

II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA. RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS)



II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA

RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS)
13 E 14 DE SETEMBRO DE 2014
DÍA 13, SÁBADO: BAÑOS DE RIO CALDO - PORTOQUINTELA (18 KM).
DÍA 14, DOMINGO: PORTOQUINTELA - SANDIÁS (28 KM)
PRAZO INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2014
CORREO ELECTRÓNICO: antonio.rodriguez.colmenero@usc.es
TELÉFONO: 690 86 62 38 /616 84 19 43

O miliario de Zadagós


Este miliario (Milla LXXI da Vía Nova ou XVIII) dedicouse ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no ano 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos anos 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.