Os Exemplos á Virxe na parroquia de Santo Estevo de Sandiás

Os Exemplos na honra da Virxe María era unha tradición na parroquia de Sandiás que se realizaba no último domingo do mes de maio, coincidindo coa celebración da festa das Fillas de María. Nese día, un grupo de cinco ou seis nenas de curta idade recitábanlle uns versos á virxe diante do cruceiro da igrexa. A principal animadora desta celebración era dona Irene Rodríguez Durán, mestra de Sandiás durante moitos anos. Ela era a que facía os versos e preparaba as nenas, como foi o caso de Modesta Blanco, veciña de Sandiás,  para que o aprenderan de memoria. Moitos anos despois aínda se lembra da letra dos Exemplos do ano 1946, tal e como se demostra nos versos que aparecen na parte dabaixo.

Miña naiciña,
esta noite que pasou
se viras o que soñei!
que no ceo me atopaba
sen saber como cheguei
E si viras que alegría
o meu corazón me daba
ver como os ánxeles todos
cousiñas me regalaban,
muñequitas que falaban
do gusto máis exquisito.
E todo o que alí había
estaba tan relucido
que eu dixen:
-Válgame Dios, esto si que che é bonito!
Pero cando despertei
e me vin na miña cama
rompín a chorar tan forte
que ninguén me consolaba.
Por eso hoxe veño eiquí
a pedirche tan de veras
que esto todo que soñei
algún día mo concedas.
Viva a Virxe!


Versos lembrados de memoria por Modesta Blanco, veciña de Sandiás,  e recitados nos Exemplos de Maio de 1946.



Comentarios

  1. xa imaxino a Modesta de pequena recitando esos versos , qué bonito !

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)